Son actriz e narradora oral desde 1997, dende entón e ata agora desenvolvo o meu traballo con destacadas compañías teatrais, entre elas: Teatro do Atlántico, A Internacional Teatro, Centro Galego, Espello Cóncavo, Teatro Galileo ou Teatro do Noroeste interpretando personaxes principais. Como narradora oral traball coas compañías Falcatrua e Títeres Cachirulo.
No ano 2019 comezo a traballar con Pedro Brandariz en Dinamo Producións realizando espéctaculos de contacontos en campañas escolares para nenas e nenos desde infantil ata secundaria, así como para público familiar en diferentes espazos. Estes espectáculos foron vistos por centos de nenas e nenos por toda Galicia tratando temas lúdicos e festivos como o Entroido, o Nadal, o Samain… e temas educativos e reivindicativos como a igualdade.
Artello espectáculos moi divertidos e dinámicos para todos os públicos, que educan e entreteñen a cativas e cativos, pero que tamén conectan co público adulto.
Todos os espectáculos inclúen de maneira transversal e específica a educación en valores, facendo especial fincapé na igualdade de xénero, a inclusión social, a diversidade en todos os seus sentidos e o respecto polo medio ambiente.
Se queres contar cos meus servizos de contacontos para o teu colexio, biblioteca, festival ou evento, non dubides en contactar comigo.